Que é Catapiro?

o-catapiro-estaba-na-cama

Catapiro é unha proposta arredor dos xogos de tradición cultural con especial interese na tradición lúdica galega. Producida no país, queremos crear para as nosas fillas e os nosos fillos elementos lúdicos baseados na experiencia positiva de ducias de xeracións, que probaron e aprobaron aqueles xogos e xoguetes que chegaron até os nosos días. Somos un equipo multidisciplinar con experiencia na investigación e na xestión de distintos aspectos do patrimonio lúdico galego e europeo que quer lanzar, no ano 2017, unha liña de produtos que poñan en valor os xogos de sempre.

Alfombra

ofertaalfombra

Se buscas algo novo que o Apalpador leve á casa neste Nadal, propoñémosche unha alfombra que se converte nun espazo de xogo. Un mapa de Galicia vertebrado polos Camiños de Santiago e rodeado por unha pista para o Xogo das Chapas, convértese na nosa primeira iniciativa.

A alfombra sae á venda con un prezo de 50 €. Para o lanzamento, ofrécese o produto personalizado (co nome da persoa agasallada ou o texto/logo que prefiras) por 69 €.

En breve indicaremos máis puntos onde podes adquirila. Polo de agora, xa podes facerte aquí coa túa alfombra, através do seguinte formulario, por correo-e (catapiro.xogos@gmail.com) ou vía telefónica (679 475 542 ou 661 418 074) e recibila cómodamente na túa casa.

caracteristicas

Parques infantís

taboleiro-chapasRealizamos impresións duradeiras en parques infantís ou patios escolares do taboleiro para o xogo das Chapas e doutros xogos tradicionais, tais como a Mariola, as Tres en raia ou o Moiño. Adaptamos o deseño ás medidas do espazo, atendendo pedidos individuais ou realizando unha proposta de intervención para un espazo determinado.

Consúltanos sen compromiso.